Murray defende os méritos do tenis feminino nunha rolda de prensa

Corrixe a un xornalista ao que lle recordou as fazañas das tenistas fronte aos logros do tenis masculino
Andy Murray festejando la victoria
photo_camera Andy Murray festejando la victoria

O tenista Andy Murray deixou en evidencia en Wimbledon a un xornalista que destacaba os méritos de San Querrey -o estadounidense que acababa de eliminalo en cuartos de final- sen acordarse de que tamén existe o tenis feminino.

"Sam é o primeiro xogador estadounidense que chega ás semifinais dun Grand Slam desde 2009...", aseguraba o xornalista na súa pregunta. Antes de que terminase de falar, o británico díxolle con xesto serio: "Xogadores masculinos".

O xornalista rectificou de inmediato e quixo dar a razón ao xogador. Venus Williams alcanzou a final do torneo británico en Wimbledon e Serena Williams suma desde 2009 un total de 13 torneos de Grand Slam.

Comentarios