Mulleres con moita forza

Comen polo e arroz, pero abóndalles para cargar co mundo ás costas. Son culturistas, esculpen o seu corpo a pracer, con vontade férrea e unha tenacidade envexable.
Julia Cabarcos
photo_camera A vilalbesa Julia Cabarcos, de costas.

Lugo é a cidade de España con máis ximnasios por número de habitantes, segundo os cálculos de Tomás Abeigón nun artigo que lembra que a cidade acolleu no 1982 un campionato de España de culturismo. Desde entón choveu moito e cambiaron os ventos neste deporte. As mulleres foron abrindo camiño e hoxe son maioría nas salas de musculación. Aínda así, a súa visibilidade na competición dista do protagonismo masculino, pero elas avanzan imparables. A galega Alexandra Gómez vén de acadar un segundo posto nun campionato mundial, pero só é unha de moitas.

Pablo Molina, do ximnasio Forma de Lugo, confirma que "de cada diez personas en la sala de pesas, nueve son mujeres". Insiste en que este tipo de exercicio non debe asociarse ao home nin á forza. "La mujer ha descubierto que la resistencia es lo que mejor trabaja el cuerpo y que en el ejercicio de músculo el gasto calórico es mayor que en el aeróbic".

Engade que a muller ten unha vantaxe á hora de practicar culturismo porque "su cuerpo cambia más rápido que el del hombre, queda más bonito y se necesita menos tiempo para empezar a ver los resultados". Porén, tamén hai inconvenientes. "Los estrógenos tienen la misión de reclutar grasa, por eso la dieta de las mujeres culturistas tiene que ser muy estricta".

Pablo Molina explica que o traballo no ximnasio é só o 30 por cento do adestramento que necesita un culturista. "El resto tienen que hacerlo fuera. Ocho comidas diarias, dormir muchas horas, llevar una vida muy controlada y organizada... son casi antisociales". E neste aspecto tamén cre que as mulleres teñen mellor disposición que os homes para o deporte "porque tienen una fuerza de voluntad extraordinaria".

Julia Cabarcos web
Julia Cabarcos, nunha competición.

Julia Cabarcos

Conta entre risas que hai unha hora que comeu un bombón, pero que axiña se despedirá deles porque en xaneiro comeza a preparación para competir. A partir dese momento, "cambio de chip, é automático. Son moi disciplinada e non me permito ningún exceso", afirma Julia Cabarcos.

Só levaba tres anos competindo cando esta vilalbesa se proclamou campioa de España de culturismo e vencedora do certame internacional Arnold Classic Europe. Ata entón nunca se interesara por este deporte, pero coñeceu a Arturo Castañeda, a súa parella e preparador, que a adentrou nun mundo que se convertiu na súa paixón.

No 2020 sufriu unha lesión e alonxouse temporalmente da competición. "Parei para mellorar e volver máis grande e máis forte". E así está agora, disposta a retomar a súa carreira deportiva onde a deixou. "Tras ser campioa de España, o meu obxectivo nesta tempada é o campionato de Europa", avanza.

Para facerlle fronte, en xaneiro empezará o adestramento específico e a dieta. "Non boto o día no ximnasio. Hai unha idea moi errada sobre iso. Fago pesas todo o ano, pero non máis de hora e media ao día. Tras dúas horas de adestramento o corpo xa non responde, perdes concentración, así que, para ser eficaz, o exercicio ten que ser intenso e en pouco tempo".

Aínda que o traballo físico parece complicado, o máis difícil é a dieta. "Polo cocido, peixe e arroz. Non me permito nin un chícharo de máis, nin un tomate. Todo limpo de graxa e pesado e se fai falta cocer o polo dúas veces para eliminar toda a graxa fágoo".

En tempo de competición a disciplina é fundamental. "Son da escola de Arturo Castañeda, da vella escola, e non vou poñer en risco un posto nun campionato por un exceso de comida", sentenza.

Tampouco o resto do ano se permite grandes alegrías culinarias. "Como a proteína xusta para que o músculo medre, tres gramos por cada quilo que peso; a verdura, mellor a de folla verde; nada de graxas nin azucre. Isto apetece máis cando tes o período, pero o único exceso que me permito nese momento é unha xema de ovo", explica.

Julia Cabarcos optará na vindeira tempada a un título europeo e aspira ao mundial no futuro

Julia Cabarcos confesa que non é doado manter este menú. "Lévame o demo porque me gusta comer. A dieta aféctame, créame ansiedade, cambios de humor", pero aí é cando entra en escena o apoio externo. Ela teno na súa casa. O seu adestrador é tamén a súa parella e sabe exactamente en que momento vai necesitar unha palabra de ánimo que compense o bombón que non pode comer. A deportista vilalbesa valora moito o apoio de Arturo Castañeda. "Está orgulloso de min, tamén como preparador, e iso é unha satisfacción para os dous e máis motivación para min. Ao principio todo o mundo me botou para atrás, dicíanme que estaba tola, pero o único que sinto é non ter empezado antes", afirma.

Afronta con moita ilusión a nova tempada de competición. Cre que para volver, os campionatos europeos son o nivel axeitado para ela, pero non perde de vista o mundial. "Hai que ir subindo pouco a pouco. O campionato do mundo é unha aspiración a longo prazo, pero téñolle ganas. Cando gañei o campionato de España quixen ir ao mundial e o seleccionador non me levou. Dixo que era demasiado forte, pero no Arnold Classic gañeille á rapaza que se proclamou campioa do mundo, así que podería ter sido eu".

Auri Gavín web
Auri Gavín, de paseo por Lugo.

Auri Gavín 

Julia Cabarcos imparte sesións de adestramento persoal e preparación a distancia. Unha das súas alumnas preferidas é Auri Gavín. É de Riotorto, pero está asentada en Lugo. Leva case dous anos adestrando na disciplina do culturismo e asegura que xa non é quen de deixalo. Non quere competir, só sentirse ben, coidarse e desfrutar do deporte en si mesmo. De momento, o obxectivo está cumprido.

"Sempre me chamou a atención a musculación. Eu ía ao ximnasio a clases colectivas e vía a monitora co corpo tan definido, tan marcadiño, pensaba que eu quería estar así, pero non me daba decidido. Coñecía a Julia e un día pregunteille se quería adestrarme. Ela aceptou e estou encantada", conta Auri Gavín.

Di que está logrando "resultados que nunca pensei. Axiña notas cambios no corpo, pero tamén estou mellor mentalmente. Verte ben mellora a autoestima, axuda a afrontar os desafíos da vida", comenta.

Auri Gavín vai ao ximnasio sempre que pode. "Case todos os días. Ás veces saio cansa de traballar e non me apetece, pero se non vou arrepíntome despois porque no ximnasio evádome. Poño a miña música e desfruto. É a miña válvula de escape, unha liberación do estrés diario. O deporte engancha e cando non o fago síntome mal", afirma.

Auri Gavín di que o deporte mellora a autoestima e axuda a afrontar os desafíos da vida

A dieta complementa o exercicio, pero no caso de Auri Gavín é máis levadeira que se fora a competición. "Hai que evitar graxas e trapalladas, trátase de comer sano. Só teño que pesar as proteínas (polo, peixe…) pero nas verduras non hai límite. Tamén como arroz e patacas. Non é unha dieta moi variada, pero tampouco tan ríxida como a que levan os deportistas que van competir, que é moi sacrificada", afirma.

Pero a xulgar pola súa forza de vontade, podería subir a unha tarima de competición cando ela queira. "Axuda ter alguén que te prepare porque o compromiso é maior. Xa non é só facer as cousas por min mesma, senón por non fallarlle á adestradora, porque alguén te está axudando e supervisando". E neste sentido Auri Gavín non defrauda. 

Está orgullosa dos seus logros e iso dálle ánimo para continuar traballando. "Teño unha filla e creo que lle estou dando un bo exemplo cando ve que me coido", comenta. E deixa unha reflexión para calquera que teña interese ou curiosidade polo culturismo. "O máis importante é non poñerse límites na mente, porque iso só xera inseguridade e medo. Todo o mundo é capaz, non se pode descartar nada sen intentalo e menos se iso axuda a buscar o teu benestar. O deporte é bo para o corpo, pero aínda máis para a mente".

Lorena Blanco Pita web
Lorena Blanco, cun dos seus trofeos.

Lorena Blanco

E precisamente o cerebro, o músculo máis poderoso do corpo, ás veces require un tempo de relaxación. Nese intervalo está Lorena Blanco, outra culturista lucense que ten acadado títulos nacionais e internacionais e que en xaneiro decidirá a que campionatos opta este ano. "En enero sale el calendario y habrá que decidir", afirma. Entretanto, non baixa a garda e adestra cinco días á semana.

"Me levanto a las seis de la mañana y hago cardio porque me gusta, porque me activa el día y me sienta bien. Soy autónoma y a las ocho de la mañana entro a trabajar. Salgo a las cinco y voy al gimnasio hasta las siete y media u ocho de la tarde. Llego a casa, recojo algo y me voy a la cama rendida", resume entre risas.

Pero isto que para a maioría é o eterno propósito de ano novo, para ela é a tempada baixa. "No dejo de entrenar ni de comer bien, pero si un día no peso la comida no importa. Por ejemplo, a fin de mes viajaré a Londres. Si no entreno dos días o si no consigo cuadrar las horas de las comidas no pasa nada. Eso en competición es impensable", explica.

Lorena Blanco foi campioa de España o mesmo ano que empezou a competir

Conta que o inicio foi difícil. "Cuando mi madre empezó a ver que adelgazaba, que pesaba la comida, que restringía alimentos… las madres eso no lo entienden. Con el tiempo ven que si haces un esfuerzo tan grande es porque te compensa y te apoyan".

Neste sentido, Lorena Blanco ten sorte porque o seu adestrador é tamén o seu home. "Hay una implicación mayor, como preparador y como marido. Lo que conseguimos es mérito de los dos y la satisfacción es enorme", asegura.

Non tardaron en ter algo que celebrar porque o ano que empezou a competir, o 2019, foi campioa absoluta de España. A medalla de ouro internacional chegou pouco despois, no European celebrado en Alicante. A pandemia cruzóuselle no camiño, pero soubo sorteala. O ano pasado competiu en Portugal, en Rumanía e en Dinamarca. "A Portugal voy siempre. Le tengo un cariño especial porque fue mi primer campeonato internacional. Se celebra en el casino de Estoril, en un escenario precioso. Es un lugar especial para mí", apunta.

A esta preferencia por Portugal tamén axuda a facilidade para o desprazamento porque "te lo tienes que costear todo tú". No apartado económico conta moito o apoio dos patrocinadores. "Un bikini de competición cuesta 300 o 400 euros. A mí me los hacen gratis. Otra marca me facilita suplementos y ropa deportiva y una carnicería del mercado de Lugo me ayuda con el pollo y la carne. A cambio, yo los menciono en mis redes sociales (@lorenilla_bp) cuando publico algo sobre este tema", explica.

Yolanda García web
Yolanda García, nunha exhibición. MORIAU PHOTO

Yolanda García

Se pagar os gastos da competición é difícil, vivir do deporte é aínda máis complicado, pero sempre hai maneiras de procuralo e niso traballa Yolanda García. É culturista por vocación e soña con "vivir del fitness". 

Conta que con seis anos xa lle pediu aos seus pais que lle comprasen unhas pesas, aos 14 apuntouse a un ximnasio para parecerse ás culturistas que vía en internet e aos 17 buscou un adestrador para iniciarse aos 18 na competición.

Pasou por varias categorías, competicións diversas e pisou moitos podios, pero cre que o mellor está por chegar. "En este momento estoy mejorando volumen. En verano iniciaré la dieta para perder grasa y ganar definición, con idea de competir en octubre o noviembre. Es un trabajo de construir y esculpir", explica.

Yolanda García pediulles aos seus pais unhas pesas aos 6 anos e desde aquela non parou

Yolanda García estuda Ciencias da Actividade Física e do Deporte. Está no último curso e despois quere formarse en nutrición. Compaxina deporte e estudos co obxectivo de vivir da súa vocación. "El culturismo me apasiona. Me siento bien físicamente, pero además me aporta valores como la disciplina y el sacrificio", comenta. Non escatima esforzos porque avanza no camiño que ela elixiu.

Son catro mulleres con forza, vontade férrea e un convencemento tan definido coma os seus músculos.

Máis en Deporte General
Comentarios