Muguruza gaña en Roland Garros o seu primeiro Grand Slam

A tenista española consegue o título ante a estadounidense, que perseguía o seu vixésimo segundo grande
Muguruza, con el trofeo de campeona
photo_camera Muguruza, con el trofeo de campeona

A española Garbiñe Muguruza apuntouse este sábado, con 22 anos, o seu primeiro título do Grand Slam, ao vencer na final de Roland Garros á estadounidense Serena Williams, que perseguía o seu vixésimo segundo grande, por 7-5 e 6-4 en 1 hora e 43 minutos.

Muguruza, cuarta raqueta do mundo, ascenderá ao segundo posto do ránking, e convértese na segunda española en vencer na terra batida parisiense, 18 anos despois do último dos tres triunfos de Arantxa Sánchez Vicario.

Comentarios