Viernes. 21.09.2018 |
El tiempo
Viernes. 21.09.2018
El tiempo

Mourinho: un ano de cárcere e 600.000 euros de multa pola súa fraude fiscal

José Mourinho. EFE
José Mourinho. EFE

O adestrador do Manchester United chegou a un acordo para declararse culpable de defraudar 3,3 millóns á Facenda española

O adestrador do Manchester United, José Mourinho, aceptou unha pena dun ano de cárcere e deberá pagar unha multa de 669.323 euros por unha fraude de 3,3 millóns á Facenda española. Así o avanza este martes o diario El Mundo.

O exadestrador do Real Madrid, que non pisará o cárcere, chegou a un acordo de conformidade polo que se declara culpable de ocultar ao fisco os seus ingresos por dereitos de imaxe dos exercicios 2011 e 2012, para o que utilizou unha sociedade radicada nas Illas Virxes.

Segundo El Mundo, o portugués só deberá pagar 669.000 euros de multa a Facenda posto que xa abonou 4,4 millóns por vía administrativa cando se iniciou a inspección.

Os seus asesores, como o archicoñecido representante Jorge Mendes, quedan sen responsabilidade polo armazón fiscal do adestrador luso.

Mourinho: un ano de cárcere e 600.000 euros de multa pola súa...
Comentarios