Morre unha promesa da ximnasia durante un adestramento

Melanie Coleman sufriu unha caída cando practicaba nas barras asimétricas
Melanie Coleman.TWITTER
photo_camera Melanie Coleman.TWITTER

A ximnasta Melanie Coleman, de 20 anos e alumna da Universidade Estatal do Sur de Connecticut, faleceu tras sufrir unha caída durante un adestramento.

A atleta realizaba un exercicio nas barras asimétricas cando non foi capaz de sosterse, o que produciu unha caída na que sufriu un golpe na medula espinal. Tras o suceso foi trasladada ao Hospital Yale New Haven, onde este domingo foi declarada morta.

A contorna da moza atópase consternado, ao tratarse dunha promesa da ximnasia que xa contaba con varios recoñecementos na súa curta carreira.

Máis en Deporte General