Álvaro Morata, traspasado ao Chelsea de Conte por 80 millóns de euros

O club branco confirma que o dianteiro xogará o próximo ano no club londiniense
Álvaro Morata
photo_camera Álvaro Morata

 O Real Madrid informou este mércores de que chegou a un acordo co Chelsea para traspasar ao dianteiro Álvaro Morata ao club inglés, nunha operación estimada, segundo puido saber Efe, en 80 millóns de euros, convertíndose no xogador español máis caro da historia.

"O Real Madrid e o Chelsea acordaron o traspaso do xogador Álvaro Morata, pendente do recoñecemento médico pertinente, informa o club español.

"O club quere mostrar o seu agradecemento por estes anos de dedicación e profesionalidade e polo seu comportamento exemplar desde a súa formación na nosa canteira ata a súa traxectoria co primeiro equipo", agrega.

Álvaro Morata ausentouse do adestramento que o Real Madrid leva a cabo nas instalacións da Universidade de California en Los Ángeles (Ucla).

O internacional español quedou no ximnasio, segundo precisou o departamento de prensa do club.

O dianteiro abandonará a disciplina do club branco nas próximas horas para incorporarse ao Chelsea, onde se reencontrará co técnico italiano Antonio Conte, quen xa o tivo ás súas ordes no Juventus.

Sergio Ramos, que segue con molestias no seu oído dereito, tampouco se está adestrando co equipo.

Pola súa banda, o brasileiro Danilo, pretendido polo Manchester City, si está sobre o céspede do North Athletic Field, de Ucla, adestrando cos seus compañeiros.

Esta sesión matutina está a ser seguida por Trevor Ariza, xogador dos Houston Rockets, da NBA, e excompañeiro de Pau Gasol en Los Angeles Lakers, equipo co que gañou un anel en 2009.

Máis en Deporte General
Comentarios