Moncho Fernández anuncia o seu adeus ao Obradoiro

O técnico publicou unha carta de despedida nas que se despide do club santiagués tras "5.038 días apaixonantes"
Moncho Fernández. AEP
photo_camera Moncho Fernández. AEP

O técnico Moncho Fernández anunciou este xoves pola noite, a través dunha carta de despedida publicada nas súas redes sociais, que a próxima tempada non continuará no banco do Monbus Obradoiro.

"Morrerei como nacín: do Obra. Ocorre que na vida, do berce á tumba, sucédense as etapas. E nestas horas tristes unha delas chega ao seu fin. Por iso escribo. Fágoo con pesar, pero ao mesmo tempo feliz e orgulloso de formar parte de algo tan grande", escribiu o histórico preparador santiagués.

Moncho Fernández, ao que quedaba un ano de contrato co club da súa cidade, ostenta a marca de tempadas consecutivas -trece- dirixindo ao mesmo equipo na elite do baloncesto español.

Comentarios