Luka Modric considera confuso o novo sistema de arbitraxe por vídeo

O xogador do Real Madrid di non gustarlle o novo modelo que, na súa opinión, "descéntranos do xogo"
El croata Luka Modric
photo_camera El croata Luka Modric

O centrocampista croata do Real Madrid Luka Modric dixo este xoves non sentirse moi cómodo co sistema de arbitraxe por vídeo que volveu usarse na semifinal do Mundialito na que o seu equipo se impuxo (0-2) ao América mexicano. 

"A verdade que non me gusta moito este sistema de arbitraxe por vídeo. Creo que xera confusion e que nos descentra do xogo", afirmou Modric sobre o sistema, que se empregou para validar o segundo gol do seu equipo, anotado por Cristiano sobre a bucina. 

A polémica arbitraxe por vídeo, que se está probando na Mundial FIFA de Clubs de Xapón 2016, serviu para conceder este mércores un penalti ao Kashima Antlers nipón, que se impuxo na súa semifinal e xogará o domingo a final do torneo ante o Madrid. 

O croata, elixido mellor xogador da semifinal deste xoves, asegurou tamén en rolda de prensa posterior ao encontro que "os 25 primeiros minutos foron o momento mais duro do partido", ata que o Madrid empezou a estirarse 

ZIDANE. Pola súa banda, Zinedine Zidane tamén considera que o videoarbitraxe tamén debe mellorarse. "As cousas teñen que ser máis claras, pero a tecnoloxía, o que queren facer para mellorar as cousas iso non o podemos controlar. Se queren mellorar é bo para o fútbol, pero as cousas deben estar máis claras para todos", sentenciou Zidane, segundo recolle o xornal AS.

Máis en Deporte General
Comentarios