sábado. 24.07.2021 |
El tiempo
sábado. 24.07.2021
El tiempo

Memphis Depay, novo xogador do Barça para as dúas próximas tempadas

Memphis Depay. EFE
Memphis Depay. EFE

O Barcelona e o atacante neerlandés Memphis Depay chegaron a un acordo para as dúas próximas tempadas, segundo informou este sábado o club catalán. Depay, que chegará libre tras vencer o seu contrato co Olympique de Lyon, asinará co conxunto azulgrana ata o 30 de xuño de 2023

Aos seus 27 anos, o novo xogador do Barça dá o salto a LaLiga española, tras debutar como profesional na Eredivise holandesa coa camiseta do PSV Eindhoven e pasar pola Premier League (Manchester United) e Líguea 1 francesa (Olympique de Lyon). Atacante polivalente con tendencia a caer á banda esquerda, chega ao Camp Nou para reencontrarse con Ronald Koeman, que xa o tivo ás súas ordes na selección oranje.

Precisamente a insistencia de Koeman levouno a reforzar o ataque azulgrana, onde en principio debería ocupar a praza do danés Martin Braithwaite, a quen o Barcelona pretende traspasar este verán.

Memphis Depay, que se atopa disputando a Eurocopa coa selección dos Países Baixos, é cuarta fichaxe do Barça para a próxima tempada. E é que o conxunto azulgrana xa se reforzou co central Eric García (Manchester City), o lateral Emerson Royal (Betis) e o dianteiro Sergio Kun Agüero (Manchester City).

Memphis Depay, novo xogador do Barça para as dúas próximas tempadas
comentarios