Medio milleiro de atletas participarán na carreira 'Axuda a Gustavo Dacal'

A recadación da inscrición será destinada integramente para axudar ás dez veces campión de España en lanzamento de xavelina
Gustavo Dacal, en una imagen de archivo. AEP
photo_camera Gustavo Dacal, en una imagen de archivo. AEP

Medio milleiro de deportistas participarán este domingo no control solidario que a Federación Galega de Atletismo organizou no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) para recadar fondos cos que custear o tratamento que necesita o exatleta caldelán Gustavo Dacal.

A recadación da inscrición será destinada integramente para axudar ao dez veces campión de España en lanzamento de xavelina, que segue en tratamento en México logo de contraer dengue pola picadura dun mosquito.

Durante o acto de presentación da proba 'Axuda a Gustavo Dacal', o director xeral para o Deporte da Xunta, José Ramón Lete Lasa, recordou que o lanzador de xavelina de Ponte Caldelas bateu a marca de España da proba na pista do CGTD en 2003 cunha marca de 78,88.

Comentarios