Maximus, estrela do Nadal en Lugo

A mascota do Breogán gozou das atraccións e da iluminación do Nadal do centro
Máximus con los ediles nacionalistas. EP
photo_camera Máximus con los ediles nacionalistas. EP

As citas lúdicas enchen estes días de vida as rúas de Lugo e a animación dispárase se encima a estrela da festa é Maximus. É o que ocorreu este martes, cando a mascota do Breogán apuntouse a gozar das atraccións e da iluminación do Nadal do centro.

Maximus acudiu convocado pola área de cultura do Concello e a vicepresidencia da Deputación e moitos lucenses puideron facerse unha foto con el.

CABALGATA. Esa foto tampouco lla perderon Rubén Arroxo, Cristina López, Efrén Castro ou Maite Ferreiro, que se deu un intre para o goce aínda que anda xa embarcada en preparar un plan b para a cabalgata de Reis, dado que é máis que posible que teña que ser finalmente estática. Aínda que non hai unha decisión tomada aínda en firme, cultura avanzou que moi probablemente deba ser estática, polo que xa se está buscando a localización adecuada para recibir aos Reis Meigos e trabállase en localizar todas as infraestruturas que haberá que despregar para que os nenos lucenses poidan atoparse cos Magos de Oriente nas condicións máis seguras.

Trabállase nesa opción aínda que estaba xa todo deseñado para unha cabalgata dinámica, unha fórmula que, de feito, non se descartou totalmente.

E mentres se acaban de pechar os preparativos para a cita que máis ilusión fai aos nenos, os lucenses seguen gozando da programación do Nadal, que este martes incluíu na Praza Maior uns animadísimos talleres e o espectáculo Rancho de Reis Xeitoso.

Máis en Deporte General
Comentarios