Lucas Vázquez e Nolito, na lista de 25 xogadores para a Eurocopa 2016

Del Bosque tamén leva o atlético Saúl, outra das novidades xunto co futbolista galego do Real Madrid, e deixa fóra a Diego Costa, Fernando Torres e Mata. O seleccionador terá que prescindir aínda de dous
Lucas Vázquez (Curtis, 1991)
photo_camera Lucas Vázquez (Curtis, 1991)

Saúl Ñíguez (Atlético de Madrid) e Lucas Vázquez (Real Madrid), futbolista nado no municipio coruñés de Curtis en 1991, son as principais novidades na primeira lista de 25 xogadores seleccionados por Vicente del Bosque para preparar a Eurocopa 2016, na que non están nin o branquivermello Fernando Torres nin o atacante do Chelsea Diego Costa. Si conta co céltico Nolito.

Debido aos compromisos que teñen aínda pendentes varios clubs, Del Bosque elaborou dúas listas de xogadores -unha con novas promesas e outra cos 25 da que pode saír o día 31 a definitiva de 23- que se irán incorporando paulatinamente desde o vindeiro luns.

Esta é a lista provisional de 25:
Porteiros: Iker Casillas (O Porto/POR), David De Gea (Manchester United/ING) e Sergio Rico (Sevilla)
Defensas: Sergio Ramos, Dani Carvajal (Real Madrid), Gerard Piqué, Jordi Alba, Marc Bartra (Barcelona), César Azpilicueta (Chelsea/ING), Juanfran Torres (Atlético de Madrid)
Medios: Mikel San José (Athletic), Bruno Soriano (Vilarreal), Sergio Busquets, Andrés Iniesta (Barcelona), Koke Resurrección, Saúl Ñíguez (Atlético de Madrid), Thiago Alcántara (Bayern Múnic/GER), Isco Alarcón (Real Madrid), Cesc Fábregas (Chelsea/ING) e David Silva (Manchester City).
Dianteiros: Pedro Rodríguez (Chelsea/ING), Aritz Aduriz (Athletic), Manuel Agudo 'Nolito' (Celta), Álvaro Morata (Juventus/ITA) e Lucas Vázquez (Real Madrid).

O Real Madrid e o Atlético de Madrid disputarán o día 28 a final da Liga de Campións, o Manchester United e o Juventus o 21 as finais de Copa de Inglaterra (ante Crystal Palace) e Italia (fronte a Milan) e o O Porto a lusa (ante Sporting de Braga) o 22, día no que se xogará tamén a da Copa do Rei entre o Barcelona e o Sevilla.

Así, o día 23 quedarán concentrados en Las Rozas novos valores: Sergio Asenjo, Denis Suárez (Vilarreal), Héctor Bellerín (Arsenal/ING), Jony Castro (Celta), Pau López (Espanyol), Diego Llorente (Rayo Vallecano), Jorge Meré (Sporting), Marco Asensio (Espanyol), Iñaki Williams (Athletic), Pablo Fornals (Málaga) e Mikel Oyarzabal (Real Sociedade).

Xunto a estes concentraranse o luns César Azpilicueta, Cesc Fábregas, Pedro Rodríguez (Chelsea), Bruno Soriano (Vilarreal), Mikel San José, Aritz Aduriz (Athletic), David Silva (Manchester City), Manuel Agudo 'Nolito' (Celta).

Máis tarde incorporaranse Iker Casillas (O Porto), David de Gea (Manchester United), Sergio Rico (Sevilla), Gerard Piqué, Sergio Busquets, Jordi Alba, Andrés Iniesta, Marc Bartra (Barcelona), Thiago Alcantara (Bayern Múnic) e Álvaro Morata (Juventus).

No último grupo de incorporación será o dos madridistas Dani Carvajal, Sergio Ramos, Isco Alcarcón e Lucas Vázquez e os atléticos Juanfran Torres, Saúl Ñíguez e Koke Resurrección.

Vicente del Bosque deberá reducir esa lista de 25 a 23 e facilitala á UEFA o día 31 de maio, aínda que precisou que podería entrar alguén que non estea en devandita relación.

España disputará tres partidos amigables de preparación fronte a Bosnia en Saint Gallen (Suíza) o 29 de maio, Corea do Sur en Salzburgo (Austria) o 1 de xuño e ante Xeorxia no Coliseum Alfonso Pérez de Xetafe o 7.

Na Eurocopa 2016 debutará o 13 de xuño ante a República Checa en Toulouse e logo xogará ante Turquía o 17 en Niza e fronte a Croacia o 21 en Bordeus.

Máis en Deporte General
Comentarios