Longas colas en Balaídos para lograr unha entrada para Old Trafford

O custo dos pases para o encontro do xoves é de 45 euros
Colas en Balaídos
photo_camera Colas en Balaídos

Os afeccionados do Celta formaron longas colas este luns en Balaídos para facerse con entradas para o partido de volta de semifinais da liga Europa que o conxunto celeste diputará ante o Manchester United na cidade inglesa. O número de celtistas que se apiñaron ante os despachos de billetes do estadio vigués foi cuantioso durante a mañá.

O Celta informara este domingo, a través dun comunicado de prensa, de que este luns sacaría á venda nos despachos de billetes de Balaídos "un centenar de entradas" para o encontro que disputará o vindeiro xoves en Old Trafford.

Despois de que a semana pasada se esgotaran as entradas que o club inglés ofreceu a 51 euros, a entidade que preside Carlos Mouriño puxo á venda novos billetes, esta vez a un prezo de 45 euros.

No partido de ida o conxunto que dirixe José Mourinho derrotou 0-1 ao Celta cun gol de Marcus Rashford.

Máis en Deporte General
Comentarios