Lendoiro continúa na Uci con evolución lenta pero favorable

O expresidente segue recuperándose tras ser intervido de urxencia o venres

Augusto César Lendoiro. AEP
photo_camera Augusto César Lendoiro. AEP

O expresidente do RC Deportivo Augusto César Lendoiro continúa ingresado na UCI (Unidade de Coidados Intensivos) do Complexo Universitario da Coruña (Chuac) cunha evolución lenta pero favorable tras ser intervido o pasado venres dunha afección cardíaca.

O parte médico deste luns precisa que o exdirigente branquiazul "segue evolucionando lenta, pero favorablemente", informaron a Efe fontes próximas á súa familia.

As mesmas fontes precisan que "pasaron xa as 48 horas desde a operación, polo que é un bo dato".

O exdirixente do conxunto galego, que ten 72 anos, ingresou o xoves no hospital coruñés por unha pneumonía e inicialmente respondeu ben ao tratamento, pero a súa situación empeorou o venres pola tarde produto dunha afección nunha válvula do seu corazón que lle obrigou a ser sometido a unha intervención cirúrxica de urxencia que tivo resultado satisfactorio.

Máis en Deporte General
Comentarios