A AS Roma presenta a Monchi, o gurú do mercado de traspasos

O exdirector deportivo do Sevilla xerou unha plusvalía de 210 millóns de euros en traspasos
Acto de presentación del nuevo director deportivo del AS Roma
photo_camera Acto de presentación del nuevo director deportivo del AS Roma

Sergio Ramos, Aleix Vidal, Jesús Navas, Ivan Rakitic ou Jose Antonio Reyes teñen en común que atoparon a senda futbolística de mans do mesmo director deportivo. Foi por agora a época dourada da entidade nervionense, desde que Ramón Rodríguez Verdejo, 'Monchi', collese as rendas do equipo. 

O español chega á Roma para comezar unha nova etapa na súa traxectoria deportiva, onde asinou un contrato de catro anos con opción para un quinto. "Quero agradecer ao presidente da Roma, James Pallota, e demais directivos por darme a oportunidade", afirmou o experto. Pola súa banda, o propio presidente definiu a Monchi como "unha das mellores mentes do mundo do fútbol", no que se espera unha etapa existosa para ambas as partes.

Entre as súas operacións destaca a do xogador do Real Madrid, Sergio Ramos, ou a venda do lateral dereito, Dani Alves por 35 millóns de euros

O pasado 30 de marzo —tras máis de 25 anos vinculado ao club sevillista—, a liga Santander perdía un dos seus mellores activos á hora de seleccionar rapaces con talento. Desde entón Monchi esperou ofertas con calma, reuniuse con numerosos equipos e permaneceu na sombra ata a súa recente presentación. 

Os giallorossi levaron o gato á auga na conquista do que ata a data, fora catalogado como a mellor fichaxe do Sevilla FC. Durante a súa estancia na Serie A poderá atoparse con xogadores aos que un día abriu o camiño, como Dani Alves na Juventus de Turín, ou a Carlos Bacca, que milita nas filas do AC Milán. 

Con 9 títulos ás costas —cinco deles, Ligas de Europa—, Monchi recibiu o maior dos trofeos de parte do Sánchez Pizjuán no encontro que enfrontaba aos andaluces, contra o Deportivo da Coruña. Ese oito de abril o novo director deportivo da Roma, escoitou o himno do centenario como poucas veces o había oído, e cun sentimento de 'sevillista serei ata a morte'.

Comentarios