A praza do Boiro véndese por 133.000 euros

O club coruñés descende a Terceira a pesar de vir de anunciar que saldou a débeda de 94.000 euros que tiña cos seus xogadores

A Federación Española de Fútbol (RFEF) anunciou que se produciron as vacantes por causas económicas en Segunda B, con efectos para a tempada 2017/18 do Boiro e o Gavá.

Segundo a circular federativa estas baixas son como consecuencia do incumprimento no disposto nos artigos 192 do Regulamento Xeral da RFEF.

A notificación chega despois de que o Boiro anuncie que queda por saldada a débeda de 94.000 euros que tiña cos xogadores e, por conseguinte de que estes retirasen a súa demanda.

Ambos os clubs, segundo anunciou o pasado venres a Asociación de Futbolistas Españois (Afe), non satisfixeran o total dos pagos establecidos para cubrir as cantidades reclamadas polos seus xogadores ao termo do prazo.

A RFEF precisa que a cobertura das prazas vacantes é potestade súa, co que na circular indica que a cantidade na que deben subrogarse os clubs interesados é de 133.000 euros –a suma da débeda de ambos os cluves dividida entre dous–, que será asignada aos criterios estipulados no artigo 194 do Regulamento Xeral.

Primeiro sería para o equipo de Terceira da mesma Federación autonómica; logo para o descendido de Segunda B da mesma territorial á que estea adscrito o club descendido por falta de pagamento; o resto de conxuntos de Terceira; e o resto de descendidos de Segunda B. Estes criterios son excluíntes.

No que compete á categoría galega e o descenso administrativo do Boiro as prioridades para comprar a súa praza sería establécense no sguiente orde de preferencia: Cerceda, Bergantiños, Racing Vilalbés, Arousa, Compostela, Vilalonga, Silva, Choco, Barbadás, Negreira, Barco, Lavercas, Ribadumia, Céltiga, Cultural Areas, Noia, Ourense CF, Laracha, Arenteiro e Somozas.

Máis en Deporte General
Comentarios