A Sección de Delitos Económicos da Fiscalía Provincial de Madrid presentou unha denuncia ante o Xulgado de Instrución Decano de Pozuelo de Alarcón contra o exadestrador do Real Madrid José Mourinho por defraudar 3,3 millóns de euros.
Segundo a Fiscalía, Mourinho cometería dous delitos contra a Hacienda Pública en relación co Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) nos exercicios 2011 e 2012, cando adestraba ao Real Madrid.
En total a cantidade defraudada ascende a 3.304.670 euros (1.611.537 euros en 2011 e 1.693.133 euros en 2012), segundo informa o Ministerio Público.
A Fiscalía acusa a Mourinho de defraudar a Hacienda 3,3 millóns
Mourinho cometería dous delitos contra a Facenda Pública nos exercicios 2011 e 2012