A caída dun histórico

O Estudantes perde e descende de categoría. O Obradoiro, xa salvado, despide a tempada con outra derrota en Sar

O Movistar Estudantes, que este domingo perdeu co RETAbet.es GBC en San Sebastián por 73-78, viu consumado o seu descenso e podería competir en LEB, a segunda categoría do baloncesto nacional, por primeira vez na súa historia.

Os resultados da última xornada da fase regular deixan oficialmente descendido a un histórico do baloncesto nacional, un dos tres equipos que disputou todas as edicións da liga ACB, xunto ao Real Madrid e o Joventut de Badalona.

Unha situación que, no entanto, viviu hai catro anos (2012), pero que quedou sen efecto nos despachos ao non haber fondos nos equipos que gañaran o ascenso para acceder á praza lograda nas canchas.

OBRADOIRO. O Unicaja de Málaga pechou a fase regular da Liga Endesa, na que quedou sexto, cunha vitoria no Fontes do Sar (64-77) ante o Rio Natura Monbus Obradoiro, que asegurou a súa continuidade na competición hai unha semana.  Angelo Caloiaro, con trece puntos, foi ovacionado pola afección local na que podería ser a súa despedida.

Máis en Deporte General
Comentarios