Jémez afástase do Dépor

O galego Luís César Sampedro e os vascos Asier e Gaiza Garitano parecen as principais alternativas
El técnico Paco Jémez se desgañita en un encuentro (EFE/Jorge Zapata)
photo_camera El técnico Paco Jémez se desgañita en un encuentro (EFE/Jorge Zapata)

O adestrador do Rayo Vallecano, Paco Jémez, que conclúe contrato co club madrileño o próximo día 30, afástase do banco do Deportivo da Coruña, que tenteou a súa incorporación para suplir a Víctor Sánchez del Amo, destituído hai uns días.

O Deportivo contemplou a opción de incorporar a Paco, que reside na Coruña coa súa familia e foi xogador do conxunto branquiazul, pero as conversacións entre club e técnico non prosperaron, segundo fontes próximas á negociación.

Ata agora, o director deportivo do club galego, Richard Barral, levou a primeira toma de contacto cos candidatos ao banco. Será, en principio, este martes, cando Barral presente unha reducida lista de técnicos ao presidente deportivista, Tino Fernández, para que o consello de administración decida.

Foron moitos os nomes de técnicos aos que se lles relacionou co club galego nos últimos días, entre eles Asier Garitano, que acaba de ascender co Leganés; Gaizka Garitano, que esta tempada foi destituído polo Valladolid; e incluso o galego Luís César Sampedro, quen meses atrás acabou a súa etapa no Albacete.

Comentarios