James Rodríguez podería pór rumbo a Manchester

O colombiano despediuse este domingo de xeito efusivo da afección do Bernabéu
James saluda a Zidane tras ser sustituido en el partido contra el Sevilla
photo_camera James saluda a Zidane tras ser sustituido en el partido contra el Sevilla

O colombiano James Rodríguez despediuse este domingo de xeito efusivo e especial da afección do Santiago Bernabéu no que puido ser o seu último partido coa camiseta do Real Madrid logo de tres tempadas como xogador madridista. E é que todos o rumores apuntan a unha saída do fútbolista branco cara ao Manchester United, equipo co que podería ter un preacordo, segundo a radio colombiana RCN.

Iso si, o Real Madrid non o vai a deixar marchar a prezo de saldo. O club quere recuperar o diñeiro pagado polo mediapunta en 2014 e pedirá pola súa saída 75 millóns de euros.

James tivo un papel secundario con 32 partidos oficiais disputados —20 como titular— e pouca presenza nos duelos máis importantes do curso.

Sen minutos na semifinal da liga de Campións fronte ao Atlético de Madrid, James reivindicouse, quizá por última vez, fronte ao Sevilla.

O FUTURO DE MORATA. Á vez que James, tamén no minuto 59, foi substituído Álvaro Morata. O dianteiro madrileño, que rexistrou bos números esta tempada, non tivo o protagonismo que esperaba e o seu futuro no conxunto branco é unha incógnita.

A súa participación este curso co Real Madrid resúmese en 41 partidos disputados, pero só 19 como titular. A súa ausencia en partidos importantes como a eliminatoria europea fronte ao Bayern de Múnic, a ida da semifinal continental contra o Atlético ou o clásico ante o Barcelona deixaron patente o seu rol dentro do equipo, aínda que iso non lle impediu ter un bo rendemento achegando 20 goles.

A diferenza de James, Morata non se despediu de ningún xeito especial nin efusivo do público do Santiago Bernabéu, que xa o viu vestir a camiseta da Juventus de Turín durante dous anos entre 2014 e 2016.

PEPE, "ORGULLO DO MADRIDISMO". O que non se puido despedir da afección madridista sobre o céspede foi o central portugués Pepe, que non xogou fronte ao Sevilla por lesión.

O defensor luso, que chegou ao Real Madrid en 2007, dirá adeus ao finalizar a tempada e marcharase do club branco con 334 partidos oficiais disputados e 15 goles.

No último partido do curso no Bernabéu, a afección madridista non se esqueceu del. Unha pancarta colgada pola pena Ramón Mendoza rendeulle homenaxe: "Pepe, orgullo do madridismo".

Máis en Deporte General
Comentarios