domingo. 05.04.2020 |
El tiempo
domingo. 05.04.2020
El tiempo

Irene Lozano, nova secretaria de Estado para o Deporte

Irene Lozano. EFE
Irene Lozano. EFE
Substitúe a María José Rienda

A madrileña Irene Lozano, actual secretaria de Estado de España Global, foi nomeada secretaria de Estado para o Deporte no Consello de Ministros que se celebrou este martes, informaron a Efe fontes de Moncloa. 

Lozano (Madrid, 17 de xuño 1971), escritora e xornalista, fíxose cargo da secretaría de España Global o 11 de outubro de 2018. Substitúe á fronte do Consello Superior de Deportes á exesquiadora granadina María José Renda. É a décimo quinta secretaria de Estado para o Deporte da democracia. 

Desde outubro de 2018 era secretaria de Estado de España Global, nova denominación de Marca España, dependente do Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación.

Lozano incorporouse ás listas do PSOE no Congreso como independente no posto número catro nas eleccións xerais do 20 de decembro de 2015, aínda que renunciou a concorrer de novo cando se repetiron os comicios uns meses despois, xa en 2016.

Fora deputada entre 2011 e 2015 por UPyD e portavoz deste grupo nas comisións de Asuntos Exteriores, Cooperación Internacional para o Desenvolvemento, Defensa, de Control parlamentario de RTVE e as súas Sociedades e para a Unión Europea.

Fundou e dirixiu a escola de filosofía práctica The Thinking Campus e foi profesora de Ética Profesional en CUNEF, así como membro do Consello do European Council of Foreign Relations (ECFR).

Licenciada en Lingüística pola Universidade Complutense de Madrid. Lozano gañou o Premio Espasa de Ensaio (2005) polo seu libro Linguas en guerra e colaborou co presidente do Goberno Pedro Sánchez na redacción do seu libro Manual de resistenciano que Sánchez narra a súa traxectoria política. Foi escrito, segundo o presidente, "a catro mans" con Lozano e publicouse en febreiro de 2019

Lozano será a segunda muller á fronte do CSD logo da súa antecesora, María José Rienda, nomeada o 26 de xuño de 2018. 

Entre as tarefas que terá que afrontar como secretaria de Estado destaca a elaboración dunha nova Lei do Deporte, cuxo anteproxecto xa está en fase de debate entre os grupos políticos e os organismos afectados.

Irene Lozano, nova secretaria de Estado para o Deporte
Comentarios