Induráin e Chippucci cruzan da man a meta do Gran Fondo Ézaro

Tras vinte anos, ambos os dous deportistas reencontráronse nesta proba ciclista de alto nivel que se decidiu na subida ao Mirador
Miguel Induráin (centro) y Claudio Chiapucci (izquierda) toman la salida de la prueba
photo_camera Miguel Induráin (centro) y Claudio Chiapucci (izquierda) toman la salida de la prueba

Óscar González, ciclista profesional do Efapel portugués, gañou este sábado o Gran Fondo Ézaro, unha proba ciclista de alto nivel que se decidiu na subida ao Mirador.

Ademais, a proba gozou de dous participantes de excepción, o navarro Miguel Induráin e o italiano Claudio Chiappucci reencontráronse tras vinte anos, achegando nostalxia á carreira que organiza o exciclista profesional Ezequiel Mosquera. Os afeccionados subidos tanto nas súas bicicletas como animando desde as cunetas, non quixeron perder detalle do duelo amigable que disputaron os dous protagonistas dos noventa nos seus respectivos países.

A xornada non defraudou, do mesmo xeito que non o fixo o tempo que se mantivo estable con vistas a unha paraxe espectacular, co mar de fondo e os 137,2 kilométros de percorrido cun final de vertixe onde os dous ciclistas deixaron enterrada a súa machada de guerra.

Máis en Deporte General
Comentarios