Imputan a Marcelo por conducir sen puntos e saltándose os límites de velocidade

Segundo unha información que publica El Mundo, o futbolista do Real Madrid circulaba a 134 quilómetros por hora nunha vía limitada a 120 e tras perder todos os puntos do seu carné
Marcelo celebra el segundo gol ante el Viktoria Plzen. MARISCAL (EFE)
photo_camera Marcelo. MARISCAL (EFE)

Marcelo Vieira, futbolista do Real Madrid, foi citado por un xuíz de Alcobendas en calidade de investigado por un delito contra a seguridade viaria logo de ser interceptado circulando a 134 quilómetros por hora e sen puntos no seu carné de conducir, segundo unha información publicada este luns polo diario El Mundo. 

O lateral brasileiro conducía o pasado 19 de decembro un Audi S8 polas proximidades de Valdebebas, onde está situada a cidade deportiva do Real Madrid, cando foi interceptado a máis velocidade da permitida. 

Segundo El Mundo, o futbolista alegou que estaba sen puntos, e a súa intención sería a de alcanzar unha sentenza de conformidade coa Fiscalía.  

Máis en Deporte General
Comentarios