miércoles. 25.11.2020 |
El tiempo
miércoles. 25.11.2020
El tiempo

O Málaga venderá a Miquel por un 900% máis do que pagou ao Lugo

Ignasi Miquel na súa presentación en Lugo, en 2016.AEP
Ignasi Miquel na súa presentación en Lugo, en 2016.AEP

O conxunto azulón pagará uns 5 millóns polo central catalán

Ignasi Miquel, central que deixou hai medio ano o Lugo para fichar polo Málaga, está a piques de pechar a súa incorporación ao Xetafe, que pagará uns 5 millóns ao club andaluz polo seu traspaso, segundo informa Marca.

Esta cifra supón un incremento do 900% con respecto ao medio millón que recibiron as arcas lucenses pola súa marcha o pasado mes de decembro. O defensa catalán xa superaría o recoñecemento médico co conxunto azulón, pero a fichaxe está pendente de que o xeque do Málaga dea a súa autorización definitiva.

O Málaga venderá a Miquel por un 900% máis do que pagou ao Lugo
comentarios