jueves. 01.10.2020 |
El tiempo
jueves. 01.10.2020
El tiempo

Gómez Noya: "Teño tempo suficiente para prepararme para os Xogos Olímpicos"

Javier Gómez Noya levanta los brazos en el podio de la gran final de Chicago
Javier Gómez Noya levanta los brazos en el podio de la gran final de Chicago
O pentacampeón do mundo de tríatlon superou as súas molestias físicas e está en Pontevedra adestrándose de face á cita olímpica

O pentacampeón do mundo de tríatlon Javier Gómez Noya asegurou que ten "tempo suficiente" para realizar unha preparación correcta para os Xogos Olímpicos de Río de Janeiro, que se disputarán o próximo mes de agosto.

O tamén subcampión olímpico participou nun adestramento cun grupo de mozos da Escola Javi Gómez Noya, do Tríatlon Ferrol, cos que estivo correndo a un ritmo suave na contorna da praia de Doniños e do piñeiral de San Jorge, en Ferrol.

Ao finalizar o adestramento sinalou que "quedan catro meses" para a cita brasileira e polo tanto considera que poderá preparala "sen problema".

"É certo que tiven unhas molestias que me atrasaron os adestramentos de carreira, pero xa estou a correr", detallou o ferrolán, que logo de realizar unha estancia en Stellenbosch (Sudáfrica), adéstrase estes meses en Pontevedra, onde ten situada a súa residencia habitual.

Gómez Noya non participou nas dúas primeiras probas das Series Mundiais, celebradas en Abu Dabi e en Gold Coast (Australia), nin tampouco estará presente na terceira competición, que se desenvolverá mañá en Cidade do Cabo (Sudáfrica).

Por iso, como xa anunciou o seu adestrador Carlos David Prieto, o triatleta confirmou que ten "posibilidades de facelo ben en Río de Janeiro" e polo tanto priorizará dita data olímpica (18 de agosto) fronte ás Series Mundiais.

Gómez Noya: "Teño tempo suficiente para prepararme para os Xogos...
comentarios