O Xetafe mostra interese no mediocentro Ramón Azeez

O xogador ten contrato co CD Lugo

Ramón Azeez. EP
photo_camera Ramón Azeez. EP

O Xetafe podería estar interesado en contar co futbolista do Club Deportivo Lugo Ramón Azeez de cara á próxima tempada. O conxunto madrileño quere reforzar a posición de mediocentro e un dos seus obxectivos é o xogador nixeriano.

Hai que recordar que Ramón Azeez ten contrato en vigor coa entidade lucense ata xuño do ano 2019, co que no caso dunha saída do futbolista, o equipo lucense contaría cunha compensación económica e podería tamén salvar unha das nóminas máis elevadas do cadro e librar así límite salarial para afrontar outras operacións que desexe durante este verán.

Ramón Azeez xogou esta tempada que acaba de finalizar no Lugo e fíxoo logo de chegar desde o Almería e como unha petición expresa do técnico Francisco Rodríguez, que o coñecía moi ben e quería contar con este xogador no grupo.

Azeez foi un dos xogadores do Lugo que contou con máis minutos ao longo da tempada, aínda que si é certo que tivo máis protagonismo na primeira metade do campionato que nas últimas xornadas. Comezou como titular indiscutible nese dobre mediocentro e no último tramo da competición tanto a recuperación de Carlos Pita como o feito de que o club quedase sen un obxectivo definido no aspecto clasificatorio, xogaron na súa contra e provocaron que baixase o seu número de minutos. Agora haberá que ver se o interese do Xetafe cristaliza na operación ou o xogador siga unha campaña e cumpre o seu contrato.

Máis en Deporte General
Comentarios