O alemán Simon Geschke asinou este mércores a súa primeira vitoria no Tour de Francia, a quinta dun ciclista xermano na presente edición, mentres que o británico Chris Froome aguantou os ataques do colombiano Nairo Quintana e o español Alberto Contador caeu e afástase do podium.
O tamén español Alejandro Valverde, que perdeu só un segundo con respecto aos favoritos, é agora terceiro no xeral tras a retirada do estadounidense Tejay van Garderen, enfermo.
Contador foise ao chan no perigoso descenso de Allos e deixouse na meta dous minutos e medio con respecto aos favoritos, polo que lle adiantou no xeral o británico Geraint Thomas, do Sky de Froome.
O ciclista do Tinkoff é quinto a 6:40 de Froome e a 2:21 do podium que pecha Valverde cunha renda de 2:25 sobre Thomas.
No liderado mantívose sólido Froome, que reaccionou ben aos ataques de Quintana, que se atopa a 3:10 d0 maillot amarelo.
Na etapa, Geschke, de 29 anos, culminou en solitario unha larguísima escapada na primeira etapa alpina, culminou na cabeza o porto de Allos, de primeira categoría, e mantivo a diferenza no de Pra-Loup, de segunda, que albergaba a meta.
Por detrás entraron o estadounidense Andrew Talanski, a 32 segundos, e o colombiano Rigoberto Urán, a 1:01.
Geschke gaña, Froome aguanta os ataques de Quintana e Contador cae
O español Alejandro Valverde é agora terceiro na xeral do Tour de Francia tras a retirada de Van Garderen, mentres que Contador caeu no descenso de Allos
