O galego Iago López-Marra e Diego Botín rozan o podio

O barco español acabou na cuarta posición en 49er
Iago López Marra y Diego Botín, en Tokio. EFE
photo_camera Iago López-Marra e Diego Botín, en Tokio. EFE

O galego Iago López-Marra e Diego Botín quedaron este martes ás portas do podio dos Xogos Olímpicos de Tokio en 49er, tras acariñar o bronce. Obtiveron o mesmo posto logrado pouco antes pola galega Támara Echegoyen xunto á balear Paula Barceló.

O barco británico de Dylan Fletcher e Stuar Bitthell logrou o ouro, co que sucede así aos neozelandeses Peter Burling e Blair Tuke, que chegaron a Xapón como campións olímpicos en Río 2016 e que nesta ocasión tiveronse que conformarse coa prata.

Os alemáns Erik Heil e Thomas Ploessel quedaron finalmente co bronce, co barco español —que chegou á Medal Race en terceira posición empatado co segundo— relegado á cuarta posición da xeral. López-Marra e Botín foran novenos en Río na mesma clase.

Na regata polas medallas, os británicos foron primeiros, segundos os alemáns e terceiros os neozelandeses, co que o barco de Peter Burling e Blair Tuke quedou coa prata e non puido revalidar o ouro que logrou en Río, aínda que repite o segundo posto que levou en Londres 2012.

Comentarios