A galega Raquel Carrera fai historia no draft da WNBA

Foi elixida no décimo quinto lugar polo Atlanta Dream
Raquel Carrera. EFE
photo_camera Raquel Carrera. EFE

A xogadora ourensá do Valencia Basket Raquel Carrera fixo historia na madrugada do xoves ao venres ao converterse na xogadora española elixida nunha posición máis alta no draft da WNBA (a NBA feminina), no que a base catalá do Casademont Zaragoza Aina Ayuso deu a sorpresa ao coarse na terceira rolda das eleccións. 

Raquel Carrera, que este venres xogou contra o Durán Maquinaria Ensino no partido de volta de cuartos de final da liga Endesa feminina, aparecía en case todas as previsións como unha elección da terceira rolda pero finalmente foi elixida na posición decimoquinta (a terceira da segunda rolda) polo equipo Atlanta Dream. Superou así a Leticia Romero e Astor Ndour, que no seu día foron elixidas noutros draft na praza décimosexta. 

GRAN CAMPAÑA. A xogadora galega, que cumprirá 20 anos este outono, foi a grande artífice do título da Eurocopa que a Valencia Basket logrou o pasado domingo ao anotar dous tiros libres na final ante o Venecia a falta dun segundo para o final e tras ser xa peza clave tanto nese encontro como nas semifinais. 

Pola súa banda, Aina Ayuso non aparecía en ningunha das predicións dos medios especializados, algo que si que ocorría nalgúns coa aleiro galega Blanca Millán, que finalmente non foi elixida

A base do Zaragoza, que cumprirá 22 anos este mes de agosto, foi escollida na trixésima cuarta posición, a antepenúltima, por Los Ángeles Sparks e o histórico xogador do equipo masculino de Los Ángeles Lakers Earvin Magic Johnson deulle a benvida á cidade cunha mensaxe nas redes sociais.

Comentarios