Sábado. 22.09.2018 |
El tiempo
Sábado. 22.09.2018
El tiempo

Scariolo chama a Fran Vázquez e Sergio Rodríguez para a fiestra de setembro

Scariolo dá ordenes nun tempo morto. SANTI OTERO
Scariolo dá ordenes nun tempo morto. SANTI OTERO

O base do CSKA é a gran novidade da lista para medirse a Ucraína e Letonia

O base do CSKA de Moscova ruso Sergio Rodriguez formará parte da selección española de baloncesto que se medirá a Ucraína e Letonia os próximos 14 e 17 de setembro na fiestra de clasificación para o Mundial de China 2019, segundo anunciou este luns o seleccionador nacional, o italiano Sergio Scariolo. Na lista repiten o chantadino Fran Vázquez e o coruñés Jonathan Barreiro.


A lista de dezaseis xogadores que anunciou Scariolo este luns na sede da Federación Española de Baloncesto (FEB) en Madrid, inclúe a Pablo Aguilar, Jonathan Barreiro, Javier Beirán, Quino Colom, Alberto Díaz, Ilimane Diop, Jaime Fernández, Sergi García, Xabi López-Aróstegui, Pierre Oriola, Oriol Paulí, Sergio Rodríguez, Sebas Sáiz, Joan Sastre, Fran Vázquez e Santi Yusta.

España enfrontarase a Ucraína, o 14 de setembro en Kiev, e recibirá a Letonia tres días despois no WiZink Center de Madrid, na fiestra FIBA de setembro, correspondente á segunda fase da clasificación para o Mundial de China 2019. 

Scariolo chama a Fran Vázquez e Sergio Rodríguez para a fiestra de...
Comentarios