Fernando Vázquez: "Tiña forzas para seguir; o Mallorca equivócase"

O adestrador de Castrofeito despídese dos xogadores tras ser destituído
Fernando Vázquez, en la presentación con el Mallorca
photo_camera Fernando Vázquez, en la presentación con el Mallorca

O galego  Fernando Vázquez, destituído este martes como adestrador do Mallorca, afirmou este mércores que o club se equivoca" ao despedilo porque se sentía "con forzas" para seguir e culminar o traballo realizado ata agora.

"Penso que o Mallorca se equivoca, non podo compartir a decisión de despedirme porque eu cría que tiña forza e relación co vestiario para reverter esta situación, sobre todo, tendo en conta onde estamos na tempada e como está a Segunda División", sinalou Vázquez nunha rolda de prensa celebrada nas instalacións de Son Bibiloni.

O adestrador galego, ao que substituíu o vasco Javier Olaizola, exfutbolista do Mallorca e ata agora técnico da filial mallorquinista, indicou que a súa destitución non o vai a "distanciar" do conselleiro delegado do club, Maheta Molango. "Con Maheta teño unha relación moi especial, aprécioo moito e sei diferenciar perfectamente o apartado profesional do persoal. Él ten unha responsabilidade e asumiuna, nada máis", precisou. O de Castrofeito engadiu que xa se despediu dos xogadores e recalcou que lles desexou o mellor.

"Voume en paz, moi contento. Non son ese adestrador que espera que a partir de agora o equipo perda, nin moito menos. Deséxolles o mellor aos meus xogadores e desexo que fagan realidade aquilo polo que traballamos tanto", precisou.

Vázquez afirmou, así mesmo, que "quizais" non soubo trasladar ao club, persoal e afeccionados o que pensaba, aínda que insistiu en que se marcha "orgulloso" do seu traballo.

O extécnico mallorquinista dirixiu ao equipo en 38 partidos durante os case once meses nos que estivo no banco, ao que chegou en xaneiro deste ano, e o seu balance é de 12 triunfos, 12 empates e 14 derrotas. O Mallorca suma na actual tempada 19 puntos e está empatado co Mirandés, equipo que ocupa praza de descenso a Segunda B. Vázquez foi un dos oito adestradores que dirixiron aos mallorquinistas desde o seu descenso na tempada 2012-2013, tras dezaseis anos consecutivos en Primeira.

Máis en Deporte General
Comentarios