Falece Nicky Hayden tras o seu atropelo en Italia

Tiña 36 anos. A investigación do accidente apunta a que o piloto puido terse saltado un stop
El piloto estadounidense de MotoGP Nicky Hayden
photo_camera El piloto estadounidense de MotoGP Nicky Hayden

O piloto de motociclismo estadounidiense Nicky Hayden, de 36 anos, faleceu este luns no hospital da cidade italiana de Cesena, onde se atopaba ingresado desde o 17 de maio tras ser atropelado por un coche, segundo informou o centro médico nun comunicado.

As condicións do campión do mundo de MotoGP en 2006 e actual piloto de Superbike co equipo Red Bull foron críticas desde que fora atropelado mentres circulaba cun grupo de amigos en bicicleta na localidade adriática de Rimi.

INVESTIGACIÓN. A investigación polo accidente que sufriu o excampeón de MotoGP a semana pasada cando montaba en bicicleta deu un xiro nas últimas horas. Un vídeo en poder da Policía de Riccioni mostra como o estadounidiense se saltou un stop no cruzamento no que foi atropelado por un vehículo. Estas imaxes, procedentes do sistema de seguridade dunha casa próxima, corroborarían a versión do condutor, segundo o diario Rimini Today.

Comentarios