O pivô de 21 anos Michael Uchendu faleceu nessa tarde de sábado. O jogador se envolveu em um acidente com seu jet ski no interior de SP, se afogou e não resistiu. O jogador de 2,08 jogava atualmente no Club Coruña da Espanha.
— Game Time Brasil (@GameTime_BR) 29 de xuño de 2019
Perda lastimável. Um baque para o basquete. 😞🙏🏼 #RIP pic.twitter.com/QrU8c5LcQZ
O pivote brasileiro Michael Uchendu faleceu este sábado nun accidente cunha moto acuática no seu país, confirmaron fontes do Básquet Coruña, o seu último equipo.
"Desde o Básquet Coruña queremos sumarnos ás condolencias polo falecemento do noso pivote a pasada campaña en LEB Ouro Michael Uchendu, prometedor xogador e excelente persoa", escribiu o club coruñés nas redes sociais.
O mozo Uchendu asinou polo Obradoiro de Santiago de Compostela hai un ano como unha aposta de futuro tras destacar no Paschoalotto Bauru.
A pasada tempada, a da súa estrea no baloncesto europeo, xogou cedido no Leyma Básquet Coruña, co que disputou 34 encontros na Leb Ouro.
A súa tráxica morte conmoveu ao mundo do deporte e, moi especialmente, ao baloncesto galego.
A familia obradoirista está de loito. Chéganos a tráxica nova do falecemento de Michael Uchendu. O xogador pertenceu ao noso clube e xogou cedido esta tempada no @basquetcoruna. Mandamos un abrazo moi forte para a súa moza e a súa familia. Descanse en paz. https://t.co/2b3p8yeZdz
— OBRADOIRO CAB (@OBRADOIROCAB) 29 de xuño de 2019
Desde el Básquet Coruña queremos sumarnos a las condolencias por el fallecimiento esta tarde de nuestro pívot la pasada campaña en Leb Oro Michael Uchendu, prometedor jugador y excelente persona. Un abrazo de toda la familia naranja a sus familiares y amigos. D.E.P https://t.co/Maf9dmCJAL
— Leyma Básquet Coruña (@basquetcoruna) 29 de xuño de 2019
As nosas condolencias. Forte aperta a toda a familia obradoiristas. DEP https://t.co/CnhRhQTUlH
— Cafés Candelas Breogán (@CBBreogan) 30 de xuño de 2019