A Ponferradina prescinde do técnico Fabri González

O club anuncia que chegou a un acordo co técnico lucense e co seu segundo, Dani Mallo, para rescindir os seus contratos por culpa dos malos resultados. Rubén Vega ponse á fronte do equipo
Fabri González
photo_camera Fabri González

Fabriciano González 'Fabri' deixou este martes de ser o adestrador da Ponferradina, despois de que o club berciano anunciase, mediante un comunicado, que chegaran a un «acordo» para a rescisión do contrato do técnico lucense de Santa Corda e o seu axudante, Dani Mallo.

«O Consello de Administración da SD Ponferradina ha alcanzado un acordo con Fabri González e Dani Mallo para a rescisión dos seus respectivos contratos como adestrador e segundo adestrador do primeiro equipo», establecía o equipo castelán na súa páxina
web. Ademais, a Ponferradina anunciou que o seu substituto será Rubén Vega, quen «pasará a facerse cargo dos adestramentos do persoal branquiazul».

A Ponferradina atópase en postos de descenso pero só a un punto da salvación.

Comentarios