Eufemiano Fuentes asegura que en Barcelona 92 algúns medallistas dopáronse

O programa Lo de Évole que se emitirá o domingo desvelará o testemuño do doutor
Eufanio Fuentes.AEP
photo_camera Eufemiano Fuentes.AEP

Eufemiano Fuentes, médico deportivo que durante gran parte da súa traxectoria profesional traballou para a Real Federación Española de Atletismo, equipos ciclistas e clubs de fútbol, asegura que se contase "todo" o que sabe "caería algunha medalla" das obtidas por deportistas españois nos Xogos Olímpicos de Barcelona 92.

Eufemiano Fuentes falou sobre a dopaxe no deporte, os Xogos Olímpicos de Barcelona e os deportistas e equipos implicados nestes casos nunha entrevista para o programa de televisión Lo de Évole, que se emitirá en laSexta o domingo 28 de marzo ás 21.25 horas.

"Non querían problemas, non querían positivos, pero querían resultados". Desta forma, Eufemiano Fuentes xustificou as súas viaxes a países de Europa do Leste en busca de técnicas e produtos para a dopaxe, nun vídeo de avance do programa.

"Fixen trampas e non coñezo a ninguén que non as fixese", sinalou o médico canario, "seguro de que alguén pode estar nervioso" ante o que vai dicir.

Eufemiano Fuentes foi absolto hai anos no xuízo polo que se lle xulgaba como presunto xefe dunha trama internacional de dopaxe no deporte que tivo que ver coas famosas operación Porto e operación Galgo.

Comentarios