O Real Madrid non estará na Final Four de Berlín

Si acudirá á final a catro do baloncesto europeo o Laboral Kutxa e anda preto de acadar o obxectivo o FC Barcelona

Ao Real Madrid falloulle o corazón e a puntería (7 de 24 triplos) e acabou perdendo por 63-75 ante un Fenerbahçe que foi moi superior nos tres partidos de cuarto de final e que se clasifica con xustiza para a Final a Catro da Euroliga, que se xogará en Berlín.

Tamén se clasifica o Laboral Kutxa, que venceu ao Panathinaikos en Atenas e logra eliminar aos gregos pola vía rápida (3-0). Coas importantes baixas de Adam Hanga, Fabian Causeur e Tornike Shengelia, o conxunto baskonista apenas deu opción ao Panathinaikos no terceiro partido e sentenciou a serie cunha superioridade cegadora (75-84).

Finalmente, Abrines, con 25 puntos, lanzou o Barcelona ante o Lokomotiv Kuban (82-70). Con esta vitoria os azulgranas acariñan a cita de Berlín. Alcanzarán o obxectivo se volven gañar o xoves.

Comentarios