O Real Madrid anuncia o traspaso de Danilo ao Manchester City

O xogador brasileiro recoñeceu que sempre fora a súa "ambición" xogar para Pep Guardiola
Danilo, en un entrenamiento del Real Madrid
photo_camera Danilo, en un entrenamiento del Real Madrid

O Real Madrid e o Manchester City anunciaron este domingo, a través de senllos comunicados oficiais, o traspaso do brasileiro Danilo Luiz da Silva ao Manchester City, onde xogará os próximos cinco anos.

"O club quere mostrar o seu agradecemento pola súa profesionalidade, compromiso e dedicación durante todo este tempo de vinculación co Real Madrid e deséxalle todo o mellor na súa nova etapa", escribiu o equipo español na mencionada nota, na que non se fala do montante económico da operación.

Pola súa banda o Manchester City mostrouse "encantado" de anunciar a incorporación para as próximas cinco tempadas do brasileiro de 26 anos, que xa se incorporou á xira de pretemporada que leva a cabo o equipo inglés en terras americanas.

O director de fútbol do City, o español Txiki Begiristain, mostrouse moi satisfeito por pechar a operación e conseguido o traspaso do defensor brasileiro. "Danilo é un bo xogador que ofrece unha gran versatilidade ao noso equipo. Él pode desempeñar varios roles diferentes en defensa e no medio do campo, aumentando as opcións de Pep de cara á nova tempada". 

XOGAR PARA GUARDIOLA, A SÚA "AMBICIÓN". Pola súa banda, o xogador recoñeceu que "sempre" foi o seu ambución xogar para Pep Guardiola. "Houbo un gran interese doutros clubs, pero sempre foi a miña ambición xogar para Pep Guardiola. Axiña que como coñecín o seu interese, souben inmediatamente que quería ser un xogador do City", explicou o defensa brasileiro nunhas declaracións publicadas na páxina web do seu novo equipo.


Danilo, que aparece nunha foto coa súa nova camiseta acompañado de Guardiola e do director executivo do City, Ferrán Soriano, mostrouse "moi, moi feliz" pola súa incorporación ao club inglés tras pechar o seu contrato e pasar o preceptivo recoñecemento médico."Non podo esperar para empezar e estou a desexar coñecer aos meus novos compañeiros nas próximas semanas", engadiu. 

Máis en Deporte General
Comentarios