sábado. 18.09.2021 |
El tiempo
sábado. 18.09.2021
El tiempo

O prezo do aloxamento en Cardiff sobe un 915% para a final de Champions

A falta de dúas semanas e media para o encontro entre Real Madrid e Juventus, a ocupación na undécima urbe máis poboada de Reino Unido está xa ao 90%

O prezo dunha habitación de hotel na localidade galesa de Cardiff, sede da final da liga de Campións entre Real Madrid e Juventus de Turín, durante o fin de semana do 2 ao 4 de xuño incrementouse un 915 por cento, segundo un estudo publicado este martes polo portal de alugueres vacacionais Holidu. A falta de dúas semanas e media para o encontro, a ocupación en Cardiff, cidade cunha poboación media de 350.000 persoas —a undécima urbe máis poboada no Reino Unido—, alcanza o 90 por cento, polo que atopar aloxamento resulta cada vez máis custoso e complicado.

O prezo medio por noite para o fin de semana da final da Champions League é de 1.036 libras (1.208 euros), polo que unha persoa que buscase estar dúas noites na cidade gastaría só en durmir 2.071 libras (2.415 euros). Isto supón un incremento do 915%, en comparación co prezo dunha noite nun hotel en Cardiff en calquera outro fin de semana do ano, que ascende ata as 102 libras (119 euros).

De acordo aos datos que manexa o portal, a opción máis cara na capital galesa, que aínda segue dispoñible, ascende a 12.249 libras (14.283 euros) por dúas noites, un prezo moi por encima do peto do afeccionado medio.

O prezo do aloxamento en Cardiff sobe un 915% para a final de...
comentarios