O Deportivo volve rotar na Copa do Rei, aínda que conta con Lucas Pérez

Víctor Sánchez del Amo convocou a 18 xogadores para o partido de hoxe ante o Mirandés, unha lista na que non incluíu á última fichaxe, o porteiro croata Stipe Pletikosa

O Deportivo volverá rotar na Copa do Rei aínda que esta vez contará co seu máximo goleador, Lucas Pérez, para o partido de volta dos oitavos de final que disputará hoxe en Riazor ante o Mirandés. 

O técnico branquiazul, Víctor Sánchez del Amo, convocou a 18 xogadores para o partido ante o Mirandés, unha lista na que non incluíu á última fichaxe, o porteiro croata Stipe Pletikosa.

Ademais, por decisión técnica, prescindiu de Fernando Navarro, Juanfran Moreno, o brasileiro Sidnei Rechel, o marroquí Fayçal Fajr, todos eles titulares no Bernabéu, e o internacional bosníaco Haris Medunjanin.

Por lesión, son baixa o uruguaio Jonathan Rodríguez, o costarriqueño Celso Borges e o porteiro Fabricio Agosto, mentres que recupera a Rubén Gracia, 'Cani', unha vez que superou as molestias que arrastraba nun nocello.

Comentarios