O Dépor anuncia a fichaxe de Ryan Babel, que cubrirá a baixa de Joselu

O dianteiro holandés de 29 anos deuse a coñecer no mundo do fútbol tras a súa etapa no Ajax e o Liverpool
Ryan Babel, con la camiseta de su anterior equipo, el Al-Ain FC
photo_camera Ryan Babel, con la camiseta de su anterior equipo, el Al-Ain FC

O RC Deportivo da Coruña xa ten substituto para cubrir a baixa de Joselu Mato, quen estará polo menos dous meses de baixa tras a entrada que lle propinou Raúl García no duelo deste domingo contra o Athletic Club (0-1).

Trátase do holandés Ryan Babel, de 29 anos, e que chega coa carta de liberdade debaixo do brazo -requisito indispensable para poder ser inscrito no club coruñés tendo en conta que o prazo de fichaxes pechouse o pasado 31 de agosto-.

TRAXECTORIA. Babel provén do Al-Ain FC, un dos equipos de máis renomes do modesto fútbol dos Emiratos Árabes Unidos, pero se de algo se lle coñece no mundo futbolístico é pola súa etapa en dous importantes clubs europeos como son o Ajax -no que estivo en dúas ocasións, de 2003 a 2007 e de 2012 a 2014- e o Liverpool -de 2007 a 2010-.

O dianteiro holandés tamén vestiu as camisetas do Hoffenheim alemán -na tempada 2011-2012- e do Kasımpaşa turco, onde xogou hai dúas tempadas, antes de fichar polo Al-Ain.

PRESENTACIÓN. Babel aterra este mércores no aeroporto santiagués de Lavacolla e será presentado o xoves pola mañá, unha vez supere o pertinente recoñecemento médico.

As probas médicas serán realizadas no hospital HM Modelo, segundo informou o Dépor nun comunicado.

Máis en Deporte General
Comentarios