O gol de Messi contra a Roma, o mellor do ano

O tanto anotado polo dianteiro arxentino nun partido da Liga de Campións na tempada pasada foi elixido pola Uefa

Lionel Messi, dianteiro arxentino do Fútbol Club Barcelona, foi o futbolista elixido pola Uefa como o autor do mellor gol da pasada tempada polo tanto que logrou na primeira fase da Liga de Campións ante o Roma.

O de Rosario culminou cunha vaselina unha xogada colectiva do seu equipo na que participaron tamén Neymar e Luis Suárez. Ese encontro, disputado no Camp Nou no mes de novembro acabou gañándoo o equipo de Luis Enrique por 6-1.

O xogador do Barça obtivo o 34% dos votos e superou o tanto do brasileiro Ricardinho no Europeo de fútbol sala, que se quedou co 13% dos votos, mentres que o gol do suízo Shaquiri nos oitavos de final da Eurocopa ante Polonia quedou en terceira posición co 11%.

A pesar de obter o premio ao mellor gol do ano, Lionel Messi non está entre os tres nomeados a mellor xogador de Europa para a Uefa, que son Cristiano Ronaldo, Gareth Bale e Antoine Griezmann.

Máis en Deporte General
Comentarios