O Celta ficha a Lobotka ata o 2022

Unzué contará a partir de agora co talento do mediocentro eslovaco que será presentado este luns en Balaídos
Lobotka, nuevo jugador del Celta CF
photo_camera Lobotka, nuevo jugador del Celta CF

Celta de Vigo oficializou este sábado a fichaxe do internacional eslovaco Stanislav Lobotka, futbolista que procede do Nordsjælland da Superliga de Dinamarca e que se comprometeu coa entidade celeste ata o 2022.

O centrocampista, que terá unha cláusula de 35 millóns de euros, superou esta mañá o recoñecemento médico e será presentado ante os medios de comunicación o vindeiro luns ás 12.30 no estadio municipal de Balaídos.

"Lobotka achegará á medular celeste dinamismo, calidade, intelixencia e despregamento físico. O novo futbolista internacional pode xogar con absoluta solvencia tanto de mediocentro como de interior", destaca o Celta no seu comunicado de prensa.

O club de Vigo xa presentou á súa nova incorporación nas redes sociais, co hashtag #BenvidoLobotka

O futbolista, que vén de disputar o Campionato de Europa coa selección sub21 do seu país, xogou 52 partidos na primeira división danesa, nos que deu nove asistencias.

O eslovaco é a terceira fichaxe do equipo dirixido por Juan Carlos Unzué, tras o dianteiro uruguaio Maxi Gómez (Defensor Sporting de Uruguai) e o centrocampista Jozabed Sánchez (Fulham inglés). 

Comentarios