O Atlético alcanza un acordo con Vitolo

Como consecuencia da sanción imposta pola Fifa, o xogador disputará a primeira metade da tempada na Unión Deportiva As Palmas
Vitolo
photo_camera Vitolo

O Atlético de Madrid chegou a un acordo con Víctor Machín Pérez, Vitolo, para os próximos cinco anos despois de que o futbolista rescindise o seu contrato co Sevilla Fútbol Club, anunciou o Atlético de Madrid na súa web.


"Como consecuencia da sanción da Fifa que impide que o club poida inscribir futbolistas durante o actual mercado de verán, o xogador disputará a primeira metade da tempada na Unión Deportiva As Palmas e sumarase á nosa disciplina a partir do 1 de xaneiro de 2018. O internacional español asinou a súa vinculación co noso club ata o 30 de xuño de 2022", subliña o club madrileño.

Máis en Deporte General
Comentarios