O luxemburgués Jean Pierre Drucker (BMC) impúxose este luns na décimo sexta etapa da Volta a España, disputada entre Alcañiz e Peñíscola sobre 156 quilómetros, na que o colombiano Nairo Quintana (Movistar) retivo a camisola vermella de líder.
Drucker gañou ao sprint por diante dos alemáns Rudiger Selig (Bora) e Niklas Arndt (Giant), cun tempo de 3h.21.18.
Nairo Quintana mantivo a camisola vermella con 3.37 minutos de vantaxe sobre Chris Froome (Sky) e 3.57 respecto ao tamén colombiano Esteban Chaves (Orica).
Unha xornada de transición previa á xornada de descanso protagonizada por 6 corredores que se escaparon de inicio e foron alcanzados a 15 quilómetros de meta, entre eles o español Luís Ángel Matei (Cofidis).
Drucker imponse en Peñiscola mentres Quintana segue líder
O colombiano mantivo a camisola vermella con 3.37 minutos de vantaxe sobre Chris Froome e 3.57 respecto a seu compatriota Esteban Chaves