Detido un francés que planeaba 15 atentados durante a Eurocopa

Portaba no coche dous lanzagranadas, 125 quilos de explosivos e cinco fusís kalashnikov

O Servizo de Seguridade de Ucraína (SBU, antigo KGB) detivo na fronteira con Polonia a un cidadán francés que portaba no coche dous lanzagranadas, 125 quilos de explosivos e cinco fusís Kalashnikov, e que -segundo o Goberno de Kiev- planeaba atentar na Eurocopa.

"Os obxectivos eran, por estraño que pareza, unha mesquita, unha sinagoga, unha institución de recadación de impostos, instalacións de control sobre as autoestradas e moitos outros lugares", asegurou este nunha rolda de prensa o xefe do SBU, Vasili Grischak.

En total, agregou, o grupo para o que levaba as armas o detido planeaba unha quincena de atentados durante a celebración da Eurocopa, que comeza esta semana en Francia.

Comentarios