A entidade deportivista explicou nun comunicado que "o cambio de administradores e de política deportiva fan que se tomou a determinación deste cesamento".
Ademais, quérelle agradecer a Carmelo do Pozo a súa profesionalidade e dedicación durante todo o tempo no que pertenceu ao club como máximo responsable da parcela deportiva" e deséxalle "éxitos profesionais e persoais no futuro".
No mesmo comunicado, o club coruñés asegura que Do Pozo expresa o seu "agradecemento ao Deportivo pola posibilidade ofrecida para desenvolver este proxecto nun gran club".
Tamén apunta que o xa exdirector deportivo desexa "agradecer o apoio e o traballo de xogadores, técnicos, persoal do club, conselleiros e presidentes que lle acompañaron nesta etapa profesional e, sobre todo, dar as grazas á afección e desexarlle o maior dos éxitos a todo o deportivismo".