domingo. 29.11.2020 |
El tiempo
domingo. 29.11.2020
El tiempo

0-0. O Deportivo, outro que non pode co fortín do Guijuelo

Unha imaxe do partido. RC DEPORTIVO
Unha imaxe do partido. RC DEPORTIVO
Os branquiazuis mantéñense invictos logo de cinco xornadas

O Deportivo non puido (0-0) co fortín do Guijuelo, o Municipal Luis Ramos, que leva máis dun ano sen ver perder ao seu equipo e onde, nese período, só a Cultural Leonesa foi capaz de bater aos locais, pero sen premio (3-1).

Os branquiazuis mantéñense invictos logo de cinco xornadas e colideran o seu subgrupo con once puntos de quince posibles, pero só marcaron catro goles, un deles a domicilio, onde cederon dous empates.

Só unha falta directa que executou Salva Ruiz aos once minutos comprometeu aos locais, que afinaron a puntería con varios disparos desde o frontal e obrigaron a intervir a Carlos Abad no segundo período cun potente lanzamento de Josín.

O Guijuelo quedou con dez no tempo de desconto por unha dura entrada de Pina a Keko Gontán para cortar un contragolpe do Deportivo, no que debutou como titular o venezolano Miku Fedor.
 

FICHA TÉCNICA:
0-Guijuelo: Sarkauskas, Raúl Parra (Andrés González, m.80), Josín, Jonathan, Kike Pina; Carlos Rubén, Kamal (Deco, m.76); Eizmendi (Abraham Pozo, m.76), Cristóbal Gil, Zamorano; e Piñeiro (Lolo Plá, m.87).
0-Deportivo: Carlos Abad; Boveda, Mujaid, Celeiro, Salva Ruiz; Keko Gontán, Borges, Uche Agbo, Borja Galán (José Lara, m.84); Beauvue (Álex Bergantiños, m.42) e Miku (Rui Cossta, m.65).
Árbitro: Pérez Hernández, do comité madrileño. Expulsou con vermella directa a Pina (m.92). Mostrou amarela a Kamal (m.36) e Eizmendi (m.70), do Guijuelo; e a Beauvue (m.28), Mujaid (m.34) e Keko (m.58), do Deportivo.
Incidencias: Partido da quinta xornada de Segunda B disputado no Municipal Luís Ramos de Guijuelo ante uns 300 afeccionados.

0-0. O Deportivo, outro que non pode co fortín do Guijuelo
comentarios