Dani Mallo vaise ao Atlético de Kolkata da Superliga india

O porteiro, formado na canteira do Dépor e ex do Lugo, continuará a súa dilatada carreira no estranxeiro
Dani Mallo
photo_camera Dani Mallo

O porteiro galego Dani Mallo xogará na Superliga india a próxima tempada. En concreto, defenderá os paus do Atlético de Kolkata, filial do Atlético de Madrid, que dirixirá José Francisco Molina. 

O gardameta coruñés, de 37 anos, prolongará así a súa dilatada carreira. A súa última parada foi o Albacete, tras xogar as tempadas 2013/2014 e 2014/2015 no CD Lugo.

Mallo formouse na canteira do Deportivo, onde chegou a coincidir co que será o seu próximo adestrador, e xogou tamén no Elxe, o Sporting de Braga portugués, o Falkirk escocés e o Xirona. 

Máis en Deporte General
Comentarios