A Volta chega a Ézaro

A subida comeza con ramplas duras de entre un 10 e un 17 e, tras un breve descanso, dá paso á 'rampla da morte'

Marín será escenario do comezo dunha das etapas que poden ser máis mediáticas desta edición da Volta e tamén máis sorprendentes. A terceira etapa terminará no Miradoiro de Ézaro, á beira da praia do Pindo. É unha subida moi dura, moi do perfil da carreira española. Unha dureza propia da Bóla do Mundo, sen contar a subida anterior a Navacerrada.

É unha ascensión de preto de dous quilómetros, en concreto de 1.800 metros, cun desnivel medio dun 17 por cento. O momento clave chega mediada a subida, onde hai unha rampla de preto de cen metros dun 27 por cento, un desnivel que non existe en ningunha ascensión realizada nunha proba española. Esa rampla é máis dura incluso que a famosa Cuña das Cabres no Angliru, que ten un 23 por cento. A subida comeza con ramplas duras de entre un 10 e un 17 por cento para posteriormente facer un pequeno descanso antes da rampla da morte, na que a estrada é de cemento.

Posteriormente volven ramplas tranquilas para dar paso aos últimos 500 metros, que volven ser moi duros. Outro dos atractivos da subida son as extraordinarias vistas que existen desde onde estará situada a liña de chegada. A etapa comezará en Marín pasará por Pontevedra, Poio, Combarro, Raxó. Sanxenxo, A Lanzada, Vilalonga, Cambados, Vilanova de Arousa, Vilagarcía e Catoira.

Máis en Deporte General
Comentarios