O Celta ficha polo seu gol ao internacional arxentino Marchesín

O conxunto celeste tamén acaba de incorporar ao central Óscar Mingueza
Anuncios de Marchesín y Mingueza. RC CELTA
photo_camera Anuncios de Marchesín e Mingueza. RC CELTA

O Celta de Vigo informou este luns de que chegou "a un acordo de principio" co Porto para a cesión do porteiro internacional arxentino Agustín Marchesín.

"Unha vez supere o correspondente recoñecemento médico, o xogador asinará o seu contrato co club celeste para pechar a operación", sinala a entidade que preside Carlos Mouriño no seu comunicado.

Marchesín disputou o pasado sábado o seu último partido co Dragoes na Supercopa de Portugal, que o seu equipo gañou tras derrotar con claridade ao CD Tondela (3-0).

A chegada do internacional arxentino, campión da Copa América 2021 coa albiceleste, está avalada polo técnico Eduardo Chacho Coudet, que buscaba un porteiro experimentado para substituír as saídas de Dituro e Rubén Blanco (cedido ao Olympique de Marsella).

Marchesín compartirá cargo co internacional sub-21 Iván Villar, que este verán regresou ao Celta tras a súa cesión no CD Leganés.

O Celta tamén ficha a Óscar Mingueza do Barça

O Celta de Vigo tamén fixo oficial este martes a fichaxe do defensa Óscar Mingueza, que procede do FC Barcelona e asina un contrato coa entidade galega ata xuño de 2026.

Non obstante, o club blaugrana resérvase o dereito de recomprar o xogador no futuro e o 50 por cento dunha futura venda.

"Mingueza pode ocupar con confianza varios postos na liña defensiva e destaca, ademais da súa versatilidade, polo seu bo manexo do balón, velocidade e solidez na marca", sinala o Celta nun comunicado.

O defensa catalán, que disputou 47 partidos e máis de 2.700 minutos co Barcelona en LaLiga, é a quinta fichaxe do conxunto que dirixe Eduardo Chacho Coudet, tras Óscar Rodríguez (Sevilla), Swedberg (Hammbarby), Luca de la Torre (Heracles), Unai Núñez (Athletic Club) e o citado Marchesin

Máis en Deporte General
Comentarios